Alumnos do IES de Foz están de prácticas en Lisboa

Foz
AMariñaXa
Tres alumnos do IES de Foz da Formación Profesional Básica de Cociña e Gastronomía, están a facer prácticas en Lisboa.
ies foz cocina lisboa 2021
14 Xuño 2021

Tres alumnos do IES de Foz (Adnan, Manuel e Óscar), os tres estudantes da Formación Profesional Básica de Cociña e Gastronomía, están a facer quince días de prácticas no restaurante de José Avillez, reputado chef de Lisboa.

A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, explica que “o alumnado realizou parte da súa Formación en Centros de Traballo en Galicia e reservaron estes últimos quince días do seu período de prácticas para complementar cunha beca Erasmus no estranxeiro. Durante todo este período están acompañados polo profesor Xosé Ríos”.

0.19653606414795