Alta probabilidade de que Miguel López sexa campión de bolos da liga Xove
Por Mario Eijo Barro.
Tarde fria e desapacible, campo en perfectas condicións para a XIV tirada no centro social do Cruceiro e no que participaron 27 inscritos, 17 na liga sénior, 3 na liga sub 16 e 8 na liga feminina.
Na liga sénior masculina, a falta de 4 tiradas (A Vara, Sumoas, Morás e Vilachá) e 52 puntos máximo por disputar (12+1 x 4) o líder e vixente campión, Miguel López, é o virtual campión, aínda que non matemáticamenta, xa que son 47 puntos os que o separan de Javier Alonso. Polo tanto, con case toda probabilidade Miguel López vaise proclamar campión por 5ª vez na vindeira tirada da Vara. Se vemos os seus resultados durante as 14 tiradas disputadas ata o momento, temos: 5 victorias, 6 segundos postos, un terceiro, un quinto e una tirada na que non participou. Creo que non fai falla más comentarios. Pola súa parte , Javer Alonso afianza a súa segunda posición ampliando a súa vantaxe a 11 puntos con respecto a Arturo Vigo e a 14 respecto do seu irmán Daniel. Se sigue nesta liña, ten moitas posibilidades de conservar esta praza.
No relativo liga sénior feminina, na loita polo segundo e terceiro postos finais, Belén Meitín consigue ampliar a 4 puntos a diferenza con Salomé Beremúdez, diferenza pequena tendo en conta que só quedan 4 tiradas. Por detrais, Conchita Piñeiro e Carmen Roca, ambas con 24 puntos, inda manteñen posibilidades de asaltar, polo menos a terceira posición da táboa, para o cal deberán mellorar moito e fallar Salomé.
Na liga sub 16, nova victoria de Christian Cociña que lle perrmiter acceder á terceira posición da táboa con 28 puntos, en detrimento do xovencísimo David Vigo que se queda con 26. Pola súa banda, a líder Naia Cancelos consigue ampliar a 5 os puntos que a separan do seu irmán Jordi.
A vindeira tirada do sábado 11 de febreiro vaise celebrar no Centro Social de A Vara, na parroquia de Xuances.