Alta participación no Campionato de España de Bolo Celta celebrado en Xove
Este sábado e domingo pasado xogouse en Xove, nos campos de bolos de Sumoas e Lago, o Campionato de España de Bolos Celtas na categoría de veteranos.
A esta rolda final chegaron 27 xogadores, despois das eliminatorias realizadas en Madrid, Asturias e Galicia, e o Club de Bolos Xove meteu nesta rolda final a 4 xogadores (1 na categoría de superveteranos e 3 na categoría de veteranos).
No tocante a parellas, a participación dos xogadores do club local pódese considerar aceptable, xa que Ginés Rodríguez formando parella con Pedro Lago do club de bolos Estivada de Baiona, fixéronse co subcampionato de España na modalidade de parellas, nunha apretada final con resultado de 6-5 para a parella de Gondomar, que foron campións, formada por Alberto González, do Club de Bolos San Cibrán de Gondomar, e Alberto Rodríguez, do Club de Bolos Xunqueira de Gondomar.
Os terceiros na modalidade de parellas foron Manuel Rouco, do Club de Bolos Santiago de Parada, e José Rodríguez, do Club de Bolos Mañufe. Cuartos nesta modalidade foron Jose Almeda, do Club de Bolos San Cibrán de Gondomar, e Guillermo Fernandez, do Club de bolos Ribatra de Ribadeo.