Alfoz presenta o cartel dunha nova edición do seu Mercado Medieval

AMariñaXa
O Castro regresará á Idade Media para revivir unha edición máis a historia e a lenda do Mariscal Pedro Pardo de Cela
inauguracion-mercado-medieval-alfoz-2022-1
Mercado Medieval de Alfoz
4 Xul 2024

Xa falta menos para que Alfoz volva gozar do seu mercado medieval. A asociación organizadora da cita presentou o cartel da celebración que chega a súa XXIV e que, coma coma sempre, a Torre, o lume e as cores negra, amarela e branca son os protagonistas. O Castro regresará á Idade Media para revivir de novo a historia e a lenda do Mariscal Pedro Pardo de Cela da man da comisión do Mercado Medieval de Alfoz e do grupo teatral Raiolas, xunto coa colaboración do Concello, da asociación cultural O Castelo, da Deputación e do Seminario de Estudos do Valadouro.

Danzas, música, bo comer e bo beber, torneo de cabalos, teatro de títeres, xogos malabares, artesanía e moitas máis cousas serán os protagonistas da noite do venres 19 e o sábado 20 de xullo. Dende a organización ultiman a convocatoria do evento para que tanto veciños como asistentes poidan desfrutar dunha cita única nun entorno incomparable. As danzas medievais, os espectáculos con lume, visitas guiadas formaron parte da última edición, na que tamén houbo cetrería, postos para xantar, xogos e música.

mercado_medieval_alfoz
0.099502801895142