Alfoz celebra o Día das Bibliotecas cunha programación especial para os máis cativos

AMariñaXa
Este sábado 19, ás 12.00h haberá un obradoiro creativo
centro-sociocultural-biblioteca-de-Alfoz
17 Oct 2024

Con motivo de que o próximo 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas, a área de cultura do Concello de Alfoz fixo unha programación especial na Biblioteca Pública Municipal para os máis pequenos. Este sábado 19, ás 12.00h haberá un obradoiro creativo titulado, "A biblioteca ideal", nel os máis pequenos crearán o seu propio libro, para así entre todos formar a biblioteca desexada.

Esta actividade está dentro do programa da Ler Conta moito, promovido pola Xunta de Galicia e estará dirixida por Os Naufragos Teatro.  O sábado 26 dende as 17.00h e ata as 20.00h, haberá xogos na biblioteca, distintas actividades para pasar unha tarde do máis entretida, esta actividade está dentro do Plan Único da Deputación de Lugo, para así celebrar o día das Bibliotecas.  Non é necesario incripción, pero para máis información poden preguntar na biblioteca ou no teléfono 982 57 12 70.

0.14637017250061