Alfonso Villares destacou en Ribadeo a importancia da acuicultura ecolóxica

AMariñaXa
A acuicultura ecolóxica representa máis do 17 % da facturación coas conservas de peixe e a acuicultura e recolleita de algas como produtos estrela
acuicultura-ecolóxica-Ribadeo
22 sep 2024

A consellería do Mar aposta pola acuicultura ecolóxica como elemento clave do sector pesqueiro galego. Así se pon en valor coa colaboración levada a cabo co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), a través da iniciativa ‘Ecolóxicos a mares’, que ten como obxectivo difundir e mellorar a comercialización dos produtos ecolóxicos do mar galego e contribuír a consolidar a comunidade autónoma como referente internacional no sector acuícola.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a foodtruck que este domingo recalou en Ribadeo e onde destacou a importancia desta modalidade pesqueira para manter a soberanía alimentaria, a través da sostibilidade. O sector ecolóxico certificado de Galicia alcanza unha facturación de 113 millóns de euros e conta con presenza en 279 municipios galegos.

Neste contexto, a acuicultura ecolóxica representa máis do 17 % da facturación coas conservas de peixe e a acuicultura e recolleita de algas como produtos estrela. Esta iniciativa súmase a outras accións impulsadas desde o departamento que dirixe Villares.

É o caso da campaña GALICIA SABE AMAR que tamén ten como obxectivo a difusión do sabor e calidade dos produtos do mar galegos e as súas propiedades nutritivas e culinarias, así como os beneficios que hai detrás do seu consumo, contribuíndo de xeito directo a impulsar a economía vencellada á cadea mar-industria.

0.18111395835876