Aldurfe celebra as súas patronais esta fin de semana

TerraChaXa | AMariñaXa
Ademais, o día 29 terá lugar unha comida popular no campo da festa, que estará amenizada pola sesión de tarde do dúo Sonidos
festas-aldurfe
Cartel
9 Jun 2026

A localidade de Aldurfe, en Riotorto, celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra a San Pedro.

Estas terán o seu comezo o sábado coa misa solemne, ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú, que estará ao cargo da orquestra Superestar e a charanga Soreños. Á noite haberá verbena a cargo de Superestar de novo xunto a La Hora Bruja.

O domingo seguirán as celebracións con misa solemne ás 14.00 horas. A xornada rematará coa sesión vermú prolongada do dúo Dilema.

Ademais, o día 29 terá lugar unha comida popular no campo da festa, que estará amenizada pola sesión de tarde do dúo Sonidos.

As persoas que desexen participar no xantar poden solicitalo na comisión de festas, que lembra que haberá carpa.

0.10692000389099