Alcoa amplía o seu capital en 161 millóns pero advirte dunha situación delicada

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao informou de que Aluminio Español ampliou recentemente o seu capital en 161.199.721 millóns de euros, alcanzando un total de 351.594.346 millóns, segundo recolle o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil do día 10 de febreiro. A compañía contaba cun saldo previo de 190.394.625 millóns de euros.
Segundo Alcoa, esta operación non supón unha inxección de fondos novos, senón unha capitalización de débedas para poder garantir o futuro da planta. A multinacional recoñece que a situación segue a ser delicada e que nos últimos anos rexistrou grandes perdas en España, financiadas con préstamos internos dentro do grupo.
Porén, desde o comité de empresa, o seu presidente, José Antonio Zan, pon en dúbida os argumentos da compañía e asegura que "non pode ser que Alcoa diga que vai a unha quebra con 190 millóns na conta".