Alberto Pigueiras, bronce no Campionato de España de Piragüismo en Sevilla

AMariñaXa
O deportista do Club de Piragüismo Viveiro Urban subiu ao podio na categoría veterano 45/49 en 5.000 metros
piraguismo-viveiro-campionato-sevilla-2025
18 Mar 2025

O Concello de Viveiro felicitou ao palista Alberto Pigueiras e ao Clube de Piragüismo Viveiro Urban polo seu éxito no Campionato de España de Piragüismo, celebrado en Sevilla. "Moitos parabéns a Alberto Pigueiras e ao Clube de Piragüismo Viveiro Urban polo seu bronce no Campionato de España", expresaron desde o concello.

O deportista viveirense acadou a medalla de bronce na categoría de veterano masculino 45/49 na proba de 5.000 metros. Ademais, tamén competiu na categoría H Sen, na que logrou o 40º posto.

Por outra banda, o piragüista xuvenil do club, David Estébanez, tamén tivo unha destacada participación no campionato, conseguindo o 36º posto na súa serie.

⚙ Configurar cookies
0.13963007926941