Aínda está o prazo aberto de inscrición para participar da primeira ruta solidaria de Nordés

AMariñaXa
A Andaina Solidaria será a prol da infancia de Gaza, organizada por Nordés en colaboración co concello de Mañón
2016.-Algas,-a-esencia-dos-nosos-mares-Nordes-
15 Jul 2024

A 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón terá lugar o vindeiro 20 de xullo.

Cun percorrido de 5 quilómetros con saída e chegada á Praza do Mesón do Barqueiro, terá como prezo da inscrición solidaria 15 euros para os adultos e 10 euros para menores de 18 anos, destinándose a totalidade do recadado para unha causa solidaria, que nesta ocasión será a doazón dos cartos a unha ONG ou institución que traballe coa infancia na Franxa de Gaza.

Dende o outubro pasado, máis de 14.000 menores faleceron nese territorio do Estado Palestino pola acción dos  bombardeos, accións bélicas, fame ou enfermidades.

Para anotarse haberá que facer o ingreso do prezo de inscrición no número de conta de Nordés: ES24 0182 0679 2602 0158 2325, ou por Bizum ao número 653 75 64 54 (Ricardo B.), dando os datos da persoa ou persoas inscritas por WhatsApp a ese mesmo número de teléfono.

0.16380000114441