Adrián Ben estará na final olímpica do mércores

Adrián Ben será o primeiro atleta español que competirá nunha final olímpica de 800 metros lisos. O viveirense asegurou a súa posición de finalista acadando a segunda mellor marca dos descartados o que lle serviu para gañar un posto na final que se disputará o mércores ás 14.05 horas, segundo hora española.
Na anterior proba rematou terceiro na cuarta serie cun tempo de 1:45.30 por detrás do botsuano Nijel Amos, 1:45.04, e do kenyano Michael Saruni, 1:45.21.