Adrián Ben bate a súa marca persoal o que lle da o billete para o Mundial de Budapest deste sábado

AMariñaXa
Viveiro amosa o seu agarimo ao atleta local Adrián Ben por conseguir o ouro en 800 metros de pista cuberta
Adrian Ben concello de viveiro foto
25 Ago 2023

O atleta de Viveiro, Adrián Ben, correrá este sábado 26 de agosto en Budapest a súa segunda final dun Mundial tras bater a súa marca persoal de 1.43.92.

Esta proba de 800 metros lisos será ás 20.30 horas e nela tentará buscar a súa primeira medalla nunha competición ao aire libre.

Ademais, conseguiu a mínima olímpica para París que tivo tan preto noutras probas durante esta tempada. Con este tempo, que bate o seu propio récord, colocase como aspirante a destronar o récord de España que ostenta Saúl Ordóñez, con 1.43.65.

Adrián Ben, actual campión de Europa de pista cuberta, conseguiu un sexto posto en Doha en 2019 e o quinto conseguido en Tokio no ano 2021.

0.18737602233887