Adrián Ben acada un sexto posto na final dos 800 metros do Europeo

AMariñaXa
O atleta non conseguiu chegar ao podio, pero clasificouse para a final sendo o cuarto
Adrian-Ben-concello-de-viveiro-foto
10 Xuño 2024

O viveirense Adrián Ben vén de acadar o sexto posto na final dos 800 metros do Campionato Europeo de atletismo de Roma, rematando cun tempo de 1.46:54.

Ben, con 25 anos, pasou á final ao conseguir un cuarto posto na segunda semifinal, por detrás do francés Tual, que foi o que gañou o ouro na final; e detrás na semifinal de Mohamed Attahoui, que quedou segundo na final.

Porén, cabe destacar que o venres gañou a súa serie dos 800 metros con 1:46.39 e clasificouse para as semifinais do Campionato de Europa de atletismo.

0.1877589225769