Adiantan o concerto de Vicente García no Ribadeo Indiano

AMariñaXa
O concerto que ofrecerá Vicente García o vindeiro domingo, 14 de xullo, no IX Ribadeo Indiano adiántase ás sete da tarde.
Vicente-García
Vicente-García
11 Xul 2024

O concerto que ofrecerá Vicente García o vindeiro domingo, 14 de xullo, no IX Ribadeo Indiano adiántase ás sete da tarde. O sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas será ás nove. A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “debido ao pase á final da selección de fútbol e coincidir en horarios decidiuse que o concerto de Vicente García. Deste xeito poderemos desfrutar dun fermoso concerto e despois animar á nosa selección”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “unha vez que remate o concerto terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano. Será un sorteo presencial e rápido, que resolveremos en poucos minutos para que todas aquelas persoas que o desexen poidan compatibilizalo absolutamente todo: concerto, sorteo e partido da selección”.

0.18042397499084