Adega organiza un roteiro este domingo na Serra do Xistral

AMariñaXa
O vindeiro domingo 20, Adega organiza unha visita á Serra do Xistral, para coñecer todos os seus valores patrimoniais e ambientais.
roteiro serra do xistral adega portad
15 Feb 2022

Continuando co programa de roteiros As nosas sagradas montañas o vindeiro domingo 20 de febreiro Adega organizou unha visita á Serra do Xistral, "para coñecer todos os valores patrimoniais e ambientais ameazados polo proxecto da central hidroeléctrica reversíbel Xistral". Guiará neste percorrido Manuel Camba, integrante da plataforma veciñal creada en oposición a este proxecto.

O autobús deixará aos sendeiristas no Trobo, no centro de Vilacampa onde comezará a andaina. Dende alí subirán ao Curvel onde hai unhas mámoas e restos líticos interesantes. Unha vez no Curvel, subirase campo a través ata os refuxios do paleolítico para finalizar no círculo neolítico con grande interese ao pé do Penito novo. Dende alí baixarán ata a pista que leva a Curro de Santo Tomé onde ten lugar a tradicional Rapa das Bestas. Aquí xantarán antes de coller novamente o autobús que os levará de volta.

A lonxitude aproximada da andaina será duns 10Km e de dificultade baixa. Para participar no roteiro é preciso reservar praza antes do venres 18 ás 13h. Toda a información e reservas están en www.adega.gal.

0.16233801841736