ACIAL Lourenzá: “Os rapaces preparan dúas carrozas espectaculares, animan e fan rir”

AMariñaXa
Entroido. Falamos con Javier é o presidente da Asociación de Comerciantes de Lourenzá quen organiza o Domingo de Piñata
Domingo pinata lourenza carroza futbol
Domingo pinata lourenza carroza futbol
25 Feb 2023

Por Ana Somoza López.

Javier é o presidente da Asociación de Comerciantes de Lourenzá.

Canto tempo levan organizado o Entroido?

Pois xa van bastantes anos á fronte do Domingo de Piñata, que é a insignia laurentina, e ademais desta festa organizamos outras actividades durante todo o ano.

Como se fai fronte economicamente a esta festa?

Pois para poder realizala durante todo o ano facemos outras actividades como son a venda de lotaría de Nadal e Reis, karaokes, bingos, unha cea polo San Xoán, etc. E por suposto contamos cunha achega por parte do Concello para os premios do desfile.

Que é o máis importante do Entroido en Lourenzá?

Pois para nós o evento máis importante e tradicional é o Domingo de Piñata, que é un desfile multitudinario e con participación de comparsas de toda a Mariña, unhas 10, o que fai que a vila se encha de xente.

Isto supón un revulsivo económico.

Si claro. Ademais ao ser un dos últimos Entroidos e os grandes premios que se reparten sempre atrae moitísima xente polo que a hostalaría laurentina está moi contenta.

Hai moitos premios?

Pois adoitamos repartir arredor de 5.500 e 6.000 euros en premio.

En que consiste o Domingo de Piñata?

É un desfile que sae do recinto feiral e percorre todas as rúas de Lourenzá, e este ano será o domingo 26 de febreiro.

Como se participa?

Normalmente a xente inscríbese durante toda a mañá do propio domingo ou previa chamada ou mensaxe, e sempre antes das 15.00 horas. Durante todo o día hai postos de comida e bebida no recinto feiral para animar á xente e ila poñendo en situación. Adoita haber unha media de entre 100 e 120 persoas para as comidas.

E o desfile?

O desfile comezará ás 16.30 horas e remata sobre ás 19.30 máis ou menos, e unha vez que finalice sempre hai unha orquestra para que a xente baile e desfrute dos petiscos mentres se fai a espera ata a entrega de premios.

Algunha lembranza especial?

Por suposto. Todos os anos hai dous grupos de rapaces de veteranos e mozos que preparan dúas carrozas e que son espectaculares, pola súa realización e polo seu humor. Ademais saen de últimos e a xente está esperando a que cheguen porque sempre fan un espectáculo digno de ver. Cada ano fan unha historia diferente e animan e fan rir a todos.


Pódese consultar o resto de entrevistas de Entroido:

Comparsa Sin Xeito: “O noso obxectivo é desfrutar moitos anos máis da mellor festa de todas"

Uxía, raiña do Entroido de Foz: “É un privilexio e unha responsabilidade”

ACD As Minas: “A nosa festa caracterízase por contar cun ambiente moi familiar“ 

O Mellor de cada casa: “O deseño xa está pensado dende o verán”

Comisión de Festas do Vicedo: “Lanzaremos foguetes para marcar o comezo”

ACIAL Lourenzá: “Os rapaces preparan dúas carrozas espectaculares, animan e fan rir”

O Picato: “Contaremos con 3.000 euros en premios”

28871106_1518284348281117_4102999867234713600_n
Domingo pinata lourenza carroza futbol
domingo pinata lourenza 2019  2
domingo pinata lourenza 2019  1
0.15270495414734