Acia Foz repartirá 6.000 euros en premios ao longo deste Nadal

Foz
AMariñaXa
O 8 de xaneiro sortearán dez premios de 100 euros en vales de compra cada un
111224-Foto-presentación-Nadal-Acia-Foz
11 Dec 2024

AciaFozCCA sortea 6.000 euros en premios ao longo deste Nadal. O 8 de xaneiro dez desexos faranse realidade. O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “son tres as campañas que estamos a desenvolver e nas que estamos a participar. O primeiro sorteo de 4.500 euros en premios terá lugar o 18 de decembro na praza Conde Fontao, entre as cinco e as oito. Alí agárdanos unha tarde chea de sorpresas e actividades. Ás cinco e media haberá unha actuación infantil, ás 18.00 horas terá lugar o sorteo de 500 euros, para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada, ás 19:00 horas teremos o sorteo de 1.000 euros e ás 20.00 horas cun bingo será o sorteo de 3.000 euros. É unha forma excelente de iniciar o Nadal en Foz”.

Paleo contou: “Hai outros 500 euros en xogo, que serán para as persoas que atopen as sete bólas do dragón agochadas no alumeado de Nadal de Foz. Hai de tempo ata o 4 de xaneiro. O dragón Sheron aparecerá e os Reis Magos entregarán os regalos aos agraciados nesta campaña”.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou: “O 8 de xaneiro faremos realidade dez desexos. Imos sortear ese día dez premios de 100 euros en vales de compra cada un, entre todas as persoas que fixeron as súas compras por importe superior a 10 euros nos establecementos asociados entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro”. O sorteo será a través de Radio Foz.

Paleo engadiu que “os máis pequenos da casa poden achegarse aos comercios de Foz a recoller as cartas para escribirlles a Papá Noel e aos Reis Magos. E neste Nadal desde AciaFozCCA repartimos alfombras para decorar os comercios e tamén cartelería especial”.

E aproveitou a ocasión para desexar unhas felices festas: “Agardamos que nestas datas tan especiais a clientela siga confiando no comercio local para as súas compras”.

No acto de presentación da campaña de Nadal participaron o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde focense, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro.

 

0.083737134933472