Pitero e Renato, convocados con España Sub-23

AMariñaXa
Os xogadores de Pescados Rubén Burela FS Pitero e Renato entrarán na lista de España Sub-23 para un partido da selección Absoluta
convocatoriapiterorenato espanha
6 Xan 2022

Os xogadores de Pescados Rubén Burela FS Pitero e Renato entrarán na lista de España Sub-23 para o partido da selección de Albert Canillas coa Absoluta no peche da preparación para a UEFA Futsal EURO 2022.

Tras a renuncia de Marrocos de viaxar a España por culpa das restricións sanitarias marcadas polas propias autoridades marroquís, a Absoluta enfrontarase ao combinado nacional Sub-23 o sábado 15; o partido de adestramento disputarase a porta pechada.

A Selección Española de Fútbol sala pechará a súa concentración nas instalacións da RFEF da mesma maneira que tiña previsto. A pesar de que Marrocos declinou a invitación de viaxar ata Madrid para enfrontarse á Absoluta, por culpa das restricións marcadas polas autoridades sanitarias do propio país africano.

Albert Canillas convocou a 14 xogadores para a cita. Para Pitero será a súa segunda convocatoria con España, tras o chamamento de Sub-19. Renato estrearase coa Vermella.

0.093284130096436