Abres acolle o sábado unhas xornadas para o impulso da pesca da lamprea e a angula no Eo

AMariñaXa
Este sábado terá lugar en Abres unha xornada sobre a pesca artesanal da lamprea e a angula. As ponencias darán comezo ás 10.00.
xornadas pesca lamprea e angula abres
xornadas pesca lamprea e angula abres
23 sep 2022

Este sábado, 24 de setembro, terá lugar en Abres unha xornada que leva por título El río Eo como oportunidad de desarrollos sostenible a través de la pesca artesnal de la lamprea y la angula. As ponencias darán comezo ás 10.00 horas e se prolongarán ata as 14.00.

Estas xornadas enmárcanse dentro dun proxecto impulsado polo Concello de Vegadeo co apoio do Centro para o Desenvolvemento da Comarca Oscos-Eo e financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a recuperación da tradición e recursos pesqueiros na ría de Abres.

Con estas xornadas preténdese sentar as bases e marcar unha folla de ruta para a recuperación dos oficios ligados á construción de chalanas e á pesca artesanal da lamprea a angula.

Os obxectivos da xornada son identificar os axentes involucrados, persoas interesadas, expertas e afectads; recompilar, ordar e sistematizar as fontes de información, ideas, necesidades e oportunidades e trazar unha folla de ruta cos pasos a seguir.

O programa contará nun primeiro momento cunha mesa redonda á que seguirá unha mesa de traballo cos axentes asistentes. Finalizará a sesión cunha visita ao taller de chalanas de Ángel Puga en Abres.

xornadas pesca lamprea e angula abres programa
0.18865704536438