Abren un ‘crowdfunding’ para a reconstrución do estaleiro de San Cibrao

AMariñaXa
O Concello de Cervo celebrará a XXV edición da Maruxaina o sábado 13 de agosto co actividades para todos os públicos.
estaleiro fra cervo san cibrao
14 Ago 2023

A familia Fra, dona da carpinterías de ribeira tradicional que se atopa en San Cibrao e que sufriu un incendio que devastou o edificio a principios de xullo, está a organizar un crowdfunding para axudar á reconstrución do estaleiro.

O incendio levouse por diante ferramenta, maquinaria e numerosos obxectos de incalculable valor sentimental e patrimonial como planos e maquetas de medio casco que foran construídas pola familia Fra.

A isto engádese que o edificio incendiado forma parte da identidade do pobo sendo a última carpintería de catro e estando este protexido por Patrimonio pola súa singularidade e valor histórico.

Por outra banda compre dicir que as técnicas construtivas da carpintería de ribeira en Galicia foron declaradas Ben de Interese Cultural en 2015 pola convención da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura ou UNESCO, para salvagardar o patrimonio cultural inmaterial.

Todos estes feitos fan que o estaleiro sexa unha parte do patrimonio marítimo de Galicia o cal estamos completamente envorcados en salvagardar.

Desde a familia Fra din que “queremos agradecer a resposta popular da xente que amosou as súas mostras de agarimo e preocupación xa que son moitos os que ven a carpintería como algo propio mostrando o seu apoio incondicional ao comezar as obras de restauración do estaleiro”.

0.27266693115234