Manteñen abertas as inscricións para a carreira popular Val das Fabas

AMariñaXa
As distancias van dende os 300 metros ata os 6,31 quilómetros da proba absoluta
carreira_popular_correr
23 sep 2024

Os amantes do deporte e do atletismo citaranse de novo en Lourenzá. O concello acolle unha nova edición da carreira popular Val das Fabas, unha cita máis que consolidada que terá lugar o 28 de setembro a partir das 17.00 horas. A carreira adoita partir dende a praza do Conde Santo pola tarde tanto para a categoría de nenos como para a proba absoluta e fixan límite de participación en ambas.

Os interesados poden inscribirse xa a través da web Tour A Mariña. Poden participar as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e absoluta, tanto masculinas como femininas e as distancias van dende os 300 metros ata os 6,31 quilómetros da proba absoluta.

Obsequiarase cunha camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes que se inscriban entre os 150 primeiros ou ata fin de existencias E a recollida de dorsais e chips farase  no portalón de entrada ó Concello, ó lado da Praza Conde Santo dende as 15 horas

0.14244413375854