Abre o prazo para inscribirse no programa 'Da escola á granxa'

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Este venres publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva do programa Da Escola á Granxa de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que organiza visitas escolares a granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural.
9 Mar 2024

Este venres publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva do programa Da Escola á Granxa de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que organiza visitas escolares a granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural.

Trátase da terceira edición do programa que ten como obxectivo poñer en valor o traballo de gandeiras e agricultores, destacando o seu papel fundamental na produción de alimentos e no mantemento do territorio e a biodiversidade.

A convocatoria está aberta a asociacións de nais e pais de centros de educación infantil e primaria, que recibirán achegas entre os 300 e os 900 euros para financiar o custo da actividade e o desprazamento ata as granxas e producións agroalimentarias que participan no programa, que un ano máis ampliou e renovou a súa oferta educativa, da que forman parte 34 iniciativas, 8 delas novas respecto á ultima edición, con actividades diversas, desde a produción de froita e produtos da horta, ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos, lácteos, marmeladas, embutidos, galletas ou envasado de produtos autóctonos.

O deputado de Rural Daniel García animou “á comunidade educativa a participar no programa, que ampliamos en orzamento e en granxas participantes, para ofrecer a nenas e nenos máis oportunidades de achegarse á actividade agrogandeira” e destacou que “as granxas participantes son o reflexo da potencialidade do rural da provincia de Lugo, expoñentes dunha enorme capacidade de traballo e de modelos sostibles de desenvolvemento rural, que merecen o recoñecemento de toda a sociedade”.

As anpas teñen ata o 9 de abril, incluido, para realizar as visitas, que terán que realizarse ao longo do ano 2024. O programa conta nesta edición cun orzamento de 100.000 euros, 20.000 máis que na úlitma edición.

Granxas Participantes

As granxas que se incorporan ao programa este ano son gandeiría de ovino de Ana Pérez Boo, en Abadín, a gandería de vacún de leite Mantoño, en Barreiros, a produción apícola O Trobo, no Valadouro, a granxa de porco celta en extensivo Porco Celta de Outeiro, en Castro de Rei, a gandería de vacún autóctono e ecolóxico de Lois Varela Carreira, en Palas de Rei, a granxa de porco celta e horticultura Froitos da Horta A Ruliña, en Carballedo, a queixería e produción de vacún de leite Puluán en Monforte e a gandaría de angus Granxa Angus do Campo, en Castroverde.

Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas nas pasadas edicións: Cooperativa A Carqueixa ( ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, A Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Avicava Natur SC (cabrún e vacún en extensivo) de Guntín, Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Casa Labradela (porco celta, mel e vacún cabalar) de Xove, Champivil (envasado de produtos autóctonos e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo) da Pontenova, Gandeíra Quintián (queixaría e vacún de leite) do Páramo, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara, Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becerreá, Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, SAT Lodos e Pérez (vacún leiteiro en extensivo) da Pastoriza, SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol. Tamén se suma á oferta educativa Tropic Gaia e ADEGA, que farán obradoiros de horta e de educación ambiental nos propios centros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17877292633057