Abre o prazo para anotarse ao campus Trinat de Barreiros
Barreiros convertirase nun punto de referencia nacional de tríatlon coa celebración, na primeira fin de semana de maio, concretamente os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maior do Campus Trinat Experience III dirixido ao público en xeral, para o que o prazo de inscrición xa está aberto.
Esta terceira edición do Campus Trinat Experience incluirá un acuatlón, rutas en bicicleta e a actividade estrela denominda Tríatlon de Barreiros. Aínda que a actividade estrela será o surf cunha visita á praia das Catedrais.
O Campus, organizado polo Club Trinat e apoiado desde o Concello de Barreiros, incluirá ademais outras actividades complementarias que se presentan como unha oportunidade para a promoción da zona, como a práctica de surf, sendeirismo ou actividades que poderán estar abertas á poboación en xeral sen necesidade de tela practicado previamente ou contar con ficha federativa.
As probas terán distintas distancias para adaptarse ás condicións das persoas participantes ademais dun protocolo adaptado á situación sanitaria, plenamente realizable ao tratarse dun grupo reducido e de actividades ao aire libre.
A inscrición pode facerse a través da web www.clubtrinat.com ou do correo info@clubtrinat.com.