Abre o prazo de inscrición para o curso de Taekwondo Tradicional en Burela
O Concello de Burela informa do curso organizado pola Asociación Galega de Taekwondo Tradicional e Disciplinas Asociadas coa colaboración do Concello.
A actividade estará destinada a nenas e nenos a partir de 5 anos, podendo asistir sós ás clases ou ben cos pais e/ou nais. Tamén poden inscribirse persoas adultas.
Ofértase taekwondo infantil, competición, especial combate e defensa persoal específica para mulleres. As reservas de praza realizaranse nas oficinas de información do Concello, con matrícula gratuíta. O custo da actividade serán 10€/mes.
Impartirase no Centro de Formación Ocupacional sito na avenida Arcadio Pardiñas, 137 entresuelo en horario ou de 17.30 a 18.30 horas ou de 18.30 a 19.30 horas. O curso inicia o venres 7 de outubro e finaliza en xuño.
Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 652 710 392.