Abre o prazo das axudas para obradoiros artesáns do Centrad

TerraChaXa | AMariñaXa
Este luns abre o prazo para solicitar as axudas para os obradoiros artesáns convocadas polo Centrad. Ata o vindeiro 27 de novembro
forest fire 432870_1280
9 Nov 2020

Este luns abre o prazo para solicitar as axudas para os obradoiros artesáns convocadas polo Centro de Artesanía e Deseño. Ata o vindeiro 27 de novembro, as persoas titulares de obradoiros ubicados na provincia e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia poderán tramitar a achega, de 1.500 euros, para sufragar gastos correntes de funcionamento dos talleres.

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro explicou que “se trata dunha liña de axudas extraordinaria, coa que se pretende contribuír a amortiguar o impacto da crise sanitaria sobre o sector da artesanía, moi prexudicado pola suspensión de feiras, mercados e outros eventos culturais nos que habitualmente comercializan os seus produtos” 

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo sede.deputacionlugo.gal. O Centro de Artesanía e Deseño informará e atenderá consultas sobre o procedemento no teléfono 982 21 00 66 /ext. 1366

As subvencións concederanse atendendo ao orde de entrada de solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación ata esgotar o orzamento destinado as mesmas, que ascende a 79.500 euros. 

0.1854190826416