Aberto o prazo para inscrición nas escolas deportivas ribadenses

AMariñaXa
Aberto o prazo para inscrición nas escolas deportivas que rematará o 30 de setembro, haberá hockei en liña, patinaxe, ou fútbol entre outros.
escolas deportivas ximnasia ritmica 1
20 sep 2021

Está aberto o prazo para inscrición nas escolas deportivas que rematará o 30 de setembro. Algunhas das actividades deberán aboar o importe da licenza federativa para poder adestrar, como por exemplo no hockei en liña e no patinaxe.

Este ano haberá actividades de atletismo os luns e xoves no campo da Vía e o pavillón, de baloncesto no pavillón de deportes e será os martes e xoves para os nados no 2008/2009 e mércores para os máis pequenos.

O fútbol será no Ceip Gregorio Sanz e os horarios dependerán das categorías, comezando con reunións informativas o día 22 para os nados en 2010/2011, o día 23 para os de 2012/2013, o luns 27 para os de 2014/2015 e o mércores 29 para os de 2016/2017.

O pavillón pequeno acollerá o fútbol sala, que xa comezou, o hockei liña que se iniciará o 1 de outubro e será imprescindible saber patinar, e patinaxe que comezará o 4 de outubro.

Tamén haberá cursos de natación que darán comezo o 2 de outubro, de pádel o 4 de outubro, e de rugby e tenis de mesa o día 1.

Ademais, contarán con clases de ximnasia rítmica que comezará o 5 de outubro e haberá unha reunión informatica previa o xoves 30 de setembro na Casa de Xuventude de Ribadeo.

escolas deportivas ribadeo
0.13656997680664