Aberto o prazo de preinscrición na escola infantil de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa da apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2023-2024. 
viveiro alcaldesa escola infantil visita
viveiro alcaldesa escola infantil visita
29 mar 2023

O Concello de Viveiro informa da apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2023-2024.

O prazo estará aberto desde este sábado, día 1, ata o 30 de abril.

“A educación e a conciliación son dúas prioridades para nós, por iso traballamos para ofrecer o mellor servizo para os nenos e nenas de 0 a 3 anos”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

As persoas interesadas no servizo poden acceder as solicitudes de preinscrición na Escola Infantil Municipal a través da web do Concello de Viveiro: www.viveiro.es