Aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas de Alfoz
Desde o luns 13 de setembro ata o 23 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades do Concello de Alfoz.
Esta tempada contarán con cursos de aerobic os martes e xoves de 19.30 a 20.30 horas no pavillón municipal, ioga os luns e mércores de 19.15 a 20.15 horas na escola de nenos de Adelán, ximnasia de mantenemento será os martes e xoves de 18.15 a 19.15 horas no pavillón municipal e as clases de baile serán os luns e mércores de 20.30 a 22.00 horas na escola de Bacoi.
As inscricións deberán entregarse na Oficina de Rexistro, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva.
Lembran que as fichas deben estar cubertas con todos os datos e asinadas e no caso de levar a doutra persoa necesítase levar unha autorización firmada.