Aberto o prazo de inscrición para o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro

Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para pequenos a partir dos 4 anos e que practiquen ou non ximnasia rítmica. Haberá actividades de baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos... e moita diversión.
Este será do 4 ao 29 de xullo en horario de de luns a venres de 10 a 14 horas no pavillón Municipal, parque Pernas Peón e praia de Covas e terá prezo por semanas e desconto por irmáns. Tamén haberá servizo gratuito de madrugadores de 9 a 10 horas.