Aberto o prazo de inscrición para as escolas deportivas de Barreiros
O Concello de Barreiros vén de abrir o prazo de inscrición para as escolas deportivas para este ano 2022-2023 e nas que contan cunha gran oferta de actividades.
Entre as actividades para menores atópanse o patinaxe que será 1 hora semanal no pavillón do CEIP de San Miguel de Reinante, o multixogo 2 días á semana no pavillón Polideportivo de San Cosme, natación 1 clase semanal na piscina municipal de Ribadeo, atletismo 2 adestramentos por semana no pavillón Polideportivo de San Cosme, fútbol sala 2 adestramentos por semana no pavillón Polideportivo de San Cosme, e clases de surf 2 clases por semana na praia de Coto.
Para os adultos haberá ioga e ximnasia de mantemento 2 veces por semana no centro sociocultural de San Cosme, e espalda saudable, cardio hitt e zumba 1 vez á semana no pavillón Polideportivo de San Cosme.
Poderán inscribirse nas EDM Barreiros 2022/2023 as persoas que polo menos teñan cumprido os 4 anos a decembro do 2022. Cada persoa deberá solicitar a ou as prazas que desexe nas actividade ofertadas en función da súa idade.
Ofertaranse prazas para todas as idades a partir de 4 anos e a praza obtida por este procedemento dará dereito a comezar as actividades, sempre que a persoa sexa admitida na actividade deportiva e teña previamente formalizada a inscrición. Aos menores, de 4 a 15 anos, aplicaráselles un desconto do 20% por cada irmán inscrito.
As EDM Barreiros darán comezo o 10 de outubro do 2022 e rematarán o 31 de maio do 2023, agás a actividade de surf para menores que rematará en xuño do 2023.
O prazo para as solicitudes de inscrición de preinscrición pecha o 3 de outubro.