Abertas as inscricións para as Escolas Deportivas Municipais de Patinaxe e Atletismo do Valadouro

AMariñaXa
As actividades, dirixidas a nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º da ESO, comezarán o 1 de outubro no Pavillón Polideportivo Municipal
patinaxe e atletismo valadouro
22 sep 2024

O Concello do Valadouro anunciou a apertura das inscricións para as Escolas Deportivas Municipais de Patinaxe e Atletismo, dirixidas a rapaces e rapazas desde 4º de Infantil ata 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. As actividades darán comezo o vindeiro 1 de outubro no Pavillón Polideportivo Municipal.

As clases de atletismo terán lugar os martes, en horario de 16.00 a 17.00 horas, mentres que as de patinaxe se celebrarán os mércores, con dous grupos organizados de 16.15 a 17.15 horas e de 17.15 a 18.15 horas, respectivamente. O obxectivo destas actividades é fomentar a práctica deportiva entre os máis novos e ofrecer unha alternativa de lecer saudable para a mocidade da vila.

As inscricións poderán realizarse ata o 25 de setembro de 2024, tanto nas instalacións da Casa da Cultura, en horario de atención ao público, como a través da Sede Electrónica Municipal. As bases para o atletismo poder descargarse no seguinte enlace e para o patinaxe, no seguinte outro enlace.

 

 

0.20288801193237