Abertas as inscricións da V Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo
A V Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo terá lugar o 19 de agosto e está organizada polo Club Atletismo Ribadeo. Poderán participar na proba absoluta todas aqueles que o desexen sempre que teñan 16 anos ou máis.
As carreiras de menores desputaranse a partires das 20.00 horas na contorna do Parque de San Francisco e a Casa do Concello, agás as categorías Infantil e Cadete que terán a súa saída no Faro de Illa Pancha.
A absoluta farao ás 21.45 horas a vila de Rinlo e a meta diante da Casa do Concello da vila de Ribadeo, pechándose a entrada en meta as 23.00 e un percorrido dúns 9 kms. Nesta categoría será obrigatorio o uso de frontal de luz e aconsellable o uso de reflectores.
A saída absoluta terá lugar no Porto da vila de Rinlo e discurrirá pola estrada entorno á costa ata a vila de Ribadeo, pasando antes pola Illa Pancha, Cargadoiro e entrará na vila pola avenida Calvo Sotelo, rúa Rodríguez Murias e Vilafranca do Bierzo, rematando diante da Casa do Concello.
Disporase de servizo de autobús para desprazar aos atletas dende a vila de Ribadeo ata a Rinlo, debendo ter que anotarse, todo o que desexe utilizalo, no momento da inscrición.
As inscricións xa están abertas e pecharanse o 16 de agosto e haberá un límite de 700 participantes. Para máis información pódese consultar a web www.championchipnorte.com.