Aberta a inscrición do Xove Costa Trail 2023

AMariñaXa
A organización do Xove Costa Trail comunicou a nova data para a celebración do vindeiro trail 2023 e que será os días 6 e 7 de maio.
xove costa trail 2023
5 Feb 2023

A organización do Xove Costa Trail comunicou que as inscricións para a nova edición 2023, que será os días 6 e 7 de maio, poderán facerse a primeiros de febreiro.

O Xove Costa Trail é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público.

A carreira desglósase no trail dos nenos e a andaina de 13 quilómetros o sábado 6 de maio, e o trail de 16 e 27 quilómetros do domingo 7.

0.13176012039185