Aberta a inscrición do Toxiza Gran Trail

AMariñaXa
O Toxiza Clube de Montaña e a Asociación As San Lucas de Mondoñedo organizan o Toxiza Gran Trail para o 25 e 26 de marzo 2023
toxiza gran trail 2023
15 Feb 2023

O Toxiza Clube de Montaña, ogranizador da proba deportiva Toxiza Gran Trail, comunicou a apertura de inscricións para a proba que se celebrará o 25 e 26 de marzo.

Esta é unha das probas de montaña máis multitudinarias, non só de Galicia senón de todo o Norte de España, así, o ano pasado participaron uns 560 deportistas.

A cita deportiva consta de seis carreiras de montaña e unha andaina. O sábado 25 serán as catro carreiras convencionais de 60, 40, 24 e 15 quilómetros e unha andaina de 17 quilómetros. O domingo 26 será o trail de 24 e o mini de 15 quilómetros.

As inscricións realizaranse a través da plataforma de Galitiming ata o día 15 de marzo e por motivos organizativos, existe un límite de prazas de 800 corredores, no que unha vez alcanzado pecharán inscricións.

Toxiza gran trail marzo 2023
0.21048784255981