Aberta a inscrición das escolas do Burela FS

AMariñaXa
O Pescados Rubén Burela FS abre a nova campaña de inscricións na escola Burela FS para todas as cetegorías dende biberón a xuvenil
unete a escola burela fs 1
unete a escola burela fs 1
10 Ago 2022

Desde o 4 de agosto de 2022 está aberta a inscrición das escolas, nas cales os interesados dispoñen ata o día 19 para anotarse no curso 2022/23. A finalidade das escolas é que os nenos e nenas aprendan importantes valores a través do deporte.

Na escola aprenderán hábitos de vida saúdables, a importancia do deporte e o exercicio físico, a traballar en equipo, a superarse individualmente, a gañar, a perder, o significado de palabras como compañeirismo, esforzo, perseveranza, éxito e fracaso.

Está destinado para as categorías, Biberón Mixto, Prebenjamín Mixto, Benjamín Masculino e Feminino, Alevín Masculino e Feminino, Infantil Masculino e Feminino, Cadete Masculino e Feminino e Xuvenil Masculino e Feminino.

Contan cun equipo con experiencia desde a base ata a máxima categoría do fútbol sala nacional, e co apoio e a motivación que para os nenos e nenas supón compartir pavillón con xogadores e xogadoras de elite.

Desde o club ofrécense adestramentos grupais, adestramentos específicos de porteiros e adestramentos de coordinación. Ademais, haberá presencia dos xogadores e xogadoras dos primeiros equipos masculino e femenino nos adestramentos.

unete a escola burela fs
0.10295486450195