A XXIV Carreira Popular de Viveiro contou con 250 participantes de todas as idades
AMariñaXa
O club de atletismo CD Egovarros de Viveiro en colaboración co Concello e a Deputación organizan a tradicional carreira popular do 31
2 Xan 2024
O club de atletismo CD Egovarros de Viveiro e o Club Ciclista Viveiro en colaboración co Concello e a Deputación organizaron a tradicional carreira popular.
Esta proba deportiva deu comezo coas carreiras de categorías de menores e máis tarde coa absoluta. En total contou con 250 participantes de todas as idades.
A saída e a meta estivo situada na praza Maior e os tres primeiros nenos participantes de cada categoría recibiron unha medalla conmemorativa da carreira e na absoluta un agasallo.