A XV Marcha Minas da Silvarosa de Viveiro, que combina deporte e natureza, será este sábado

AMariñaXa
Mañá será a carreira ViveiroBike Xtreme e que erá puntuable como Campionato Galego de BTT-Maratón deste ano 2021.
XV MARCHA silvarosa viveiro 2023
6 sep 2023

O Concello de Viveiro será este sábado, 9 de setembro, o escenario da XV Marcha Minas da Silvarosa, unha proba que partirá ás 17.00 horas da praza do Concello e rematará no museo das minas, no monte Pinido.

Na presentación da marcha interviron esta mañá a alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, e Xosé Xesús Oca Ben, en representación da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa, entidade organizadora coa colaboración do concello.

Tanto María Loureiro como Miriam Bermúdez puxeron en valor “a importancia dunha marcha que combina deporte e natureza”, ademais da lembranza dunhas minas nas que chegaron a traballar 500 mineiros.

Para máis información, pódese contactar con Xosé Xesús no 606 119 846.

0.089246034622192