A Xunta iniciou a campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | FerrolXa | OurenseXa
A campaña prolongarase ata o 31 de marzo de 2027 e permitirá protexer os bebés fronte a unha infección que pode causar bronquiolite
vacina-virus-sincitial
22 Sep 2026

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, iniciou este domingo unha nova campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS), co obxectivo de previr as hospitalizacións por esta infección entre os lactantes.

Esta protección foi introducida en Galicia de maneira pioneira no ano 2023 e permitiu reducir en máis dun 90 % as hospitalizacións por esta infección nos nenos e nenas inmunizados.

Desde o inicio da campaña comezou a administración da inmunización nos hospitais para todos aqueles bebés que nazan desde o 21 de setembro e ata o 31 de marzo de 2027, data prevista para a finalización da campaña. Tamén comezou a citación dos nenos e nenas prematuros e daqueles pertencentes a grupos de risco.

A partir do 28 de setembro, a Consellería de Sanidade citará nos hospitais os nenos e nenas nacidos en abril, maio e xuño. Posteriormente, desde o 5 de outubro, a quenda corresponderá aos nacidos en xullo, agosto e setembro.

A inmunización fronte ao virus que causa a bronquiolite foi administrada a 13.075 nenas e nenos durante a pasada temporada. Esta cifra supuxo unha cobertura do 95,72 % entre os nacidos durante a campaña, entre o 22 de setembro de 2025 e o 31 de marzo de 2026, e do 95,51 % no caso da recaptación, correspondente aos nados entre o 1 de abril e o 21 de setembro de 2025.

0.14314913749695