A Xunta destina 25.800 euros a axudas para material a seis clubs da provincia

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
A Xunta de Galicia achegou 25.
Piraguas adaptadas portada
16 Nov 2023

A Xunta de Galicia achegou 25.800 euros a seis clubs lucenses para a adquisición de material de deporte adaptado, que posibilite ou mellore as condicións en que os deportistas con discapacidade desenvolven a súa modalidade ou especialidade.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou onte o Club de Piragüismo Cidade de Lugo, que obtivo achegas para a compra de dúas embarcacións adaptadas, e destacou o apoio do Goberno galego ao tecido deportivo “que promove a inclusión a todos os niveis, tamén ofrecendo material adaptado aos deportistas que o necesitan”.

No municipio de Lugo resultaron beneficiados, ademais, o Club Fluvial de Lugo, para a compra de embarcacións adaptadas, e o Club de tenis As Termas, para cadeiras de rodas. Igualmente, recibiron achegas na provincia o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, para mercar embarcacións, e o Societario de Cazadores da Terra Chá e o Club Hípico la Cruz -en Taboada- para equipamento adaptado para tiro e hípica respectivamente.

A Secretaría Xeral para o Deporte -que depende da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes- convocou estas axudas ao abeiro do Plan de promoción da igualdade no deporte, como unha liña específica destinada a clubs galegos que contan con licenzas de deportistas con discapacidade.

Neste sentido, Arias lembrou que a Xunta “impulsa o traballo das entidades deportivas galegas con distintas liñas de apoio ao longo do ano, orientadas á mellora das instalacións e do equipamento e ao desenvolvemento de actividades, porque son as principais organizadoras do deporte base, o berce dos nosos campións, e promotoras esenciais dos valores do deporte, como a igualdade e a inclusión”.

axudas material piraguismo fluvial adaptadas
0.18922305107117