A Xunta dará por rematada este domingo a alerta polos posibles efectos da calor na saúde en toda Galicia

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A entrada de aire atlántico máis fresco e húmido favorecerá un descenso das temperaturas durante os vindeiros días
Calor Extremo
11 Jul 2026

A Xunta dará por finalizada este domingo a alerta polos posibles efectos das altas temperaturas na saúde en toda Galicia, segundo os datos facilitados por MeteoSalud e MeteoGalicia no marco do Plan de Actuacións do Goberno galego fronte aos episodios de calor.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, a partir de mañá e ao longo da próxima semana Galicia quedará baixo a influencia dunha baixa relativa situada ao oeste da península Ibérica. Esta situación provocará o desprazamento da masa de aire cálido cara ao leste e permitirá a entrada de aire atlántico, máis fresco e húmido, o que contribuirá a unha notable suavización das temperaturas.

A Consellería de Sanidade elabora o mapa de riscos para a saúde derivados das altas temperaturas utilizando a información achegada por MeteoGalicia e MeteoSalud. O mapa, xunto coas recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta fronte aos posibles efectos da calor, está dispoñible na correspondente ligazón oficial da Administración autonómica.

Para a elaboración destas previsións, MeteoGalicia ten en conta as temperaturas máximas e mínimas diarias, así como a superación dos limiares establecidos para considerar un episodio de calor. Pola súa banda, MeteoSalud realiza as súas estimacións a partir da análise das series temporais de temperatura e mortalidade rexistradas nos últimos 20 anos.

A Consellería de Sanidade combina os niveis de alerta proporcionados por ambos os sistemas para establecer o nivel de risco sanitario. A Xunta lembra que os mapas elaborados por cada un destes organismos responden a parámetros diferentes, polo que a información que ofrecen pode non coincidir.

0.13541007041931