A xogadora Cristina Pérez renova polo Pescados Rubén Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
A murciana Cristina Pérez Gil cumprirá a súa segunda tempada de laranxa para seguir pelexando por todo; así o explicou, acompañada do presidente, Manuel Blanco, e do directo Auditor Rodríguez.
66717894_824285804632932_1588043378644221952_o
18 Xul 2019

A murciana Cristina Pérez Gil cumprirá a súa segunda tempada de laranxa para seguir pelexando por todo; así o explicou, acompañada do presidente, Manuel Blanco, e do directo Auditor Rodríguez. “As metas seguen sendo as mesmas, quero gañalo todo. Gañamos a Copa de SM A Raíña e a Copa Galicia, e a liga escapouse por moi pouco. O ano que vén o Pescados Rubén volverá competir por gañalo todo, ademais teremos tamén a Supercopa” explicaba a pivote, que está vivindo un verán diferente ao resto das súas compañeiras, en pleno proceso de recuperación do seu xeonllo.
A 5 mariñá mostrouse moi ilusionada con este acordo. “Foi todo moi doado. Pensaba que a miña estancia en Burela sería tan só por un ano, pero cando vin como funcionaba o club e logo desta gran tempada, na que estiven moi a gusto, tiña que seguir aquí” confesaba Cristina.
“Adapteime moi ben ao equipo e ao que querían os adestradores; ata o momento da lesión creo que esta foi unha das miñas mellores tempadas” explicaba a murciana, de 27 anos, que non puido gozar todo o que desexase do periplo das Raíñas. Cristina pasou polo quirófano a mediados de abril por rotura de ligamento cruzado anterior e rotura parcial de ligamento colateral medial. “Estou traballando todos os días para recuperarme canto antes dentro dos prazos establecidos. Aos poucos, as sensacións están sendo moi boas e espero que sigan así; estou todo o día con adestramentos, con fisioterapeuta... e iso animicamente tamén axuda” explicaba Cristina, que se converte na duodécima xogadora laranxa para 2019-20, con Peque, Dany, Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Luci, Jozi, Lara Balseiro e Jenny, xunto a Ale de Paz e Jenny Lores, como novidades.

0.19060516357422