A XIX edición do desfile de Samaín do Vicedo será hoxe
AMariñaXa
Este luns 31 de outubro, a partir das 19.30 horas, terá lugar o Desfile de Samaín do Vicedo con saída e regreso da casa da cultura
![cartel samain portada](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/2021/10/cartel-samain-portada-1.jpg)
cartel samain portada
31 Out 2023
Este ano celébrase a XIX edición do desfile de Samaín do Vicedo, un desfile infantil que percorre as rúas do pobo cos nenos e adultos ataviados con sábanas brancas para espantar os malos espíritus, seguindo a tradición dos antergos celtas.
Partirá da casa da cultura ás 19.30 horas e regresará ao mesmo lugar despois de desfilar polas rúas Cidade de Mondoñedo, Vías e Obras e regreso por Cidade de Mondoñedo á xasa da xultura.
Ao remate haberá chocolatada para os participantes cortesía da APA do Vicedo.
![desfile samain vicedo 2023](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/10/desfile-samain-vicedo-2023-200x300.jpg)