A X Carreira das Praias de Barreiros será a finais de marzo
O vindeiro venres 29 de marzo a partir das 11.00 horas disputarase en Barreiros a décima edición da Carreira das Praias, que forma parte do circuíto de carreiras locais +KmsBarreiros, impulsado polo Concello de Barreiros desde a súa área de dinamización e participación veciñal.
As inscricións xa están abertas na web www.maiskmsbarreiros.gal, onde tamén se pode consultar toda a información do circuíto, das probas que o compoñen e ver as clasificacións completas.
A saída da Carreira das Praias de Barreiros será desde a praia de Arealonga e a meta estará no areal de Altar.
A asociación organizadora deste evento, Praias de Comado, programa para o mesmo día una andaina que percorrerá todo o litoral barreirense para deleite das persoas participantes.