A Volta ao Cole de Acia Foz-CCA xa ten gañadores tras repartir máis de 30.000 papeletas

Foz
AMariñaXa
Un pack de aventura familiar e catro vales de compra de 100 euros foron os premios sorteados nunha iniciativa desenvolvida entre o 31 de agosto e o 20 de setembro coa participación de 86 negocios
Acia-Foz-Volta-ao-Cole-Foz
21 Sep 2026

A campaña Volta ao Cole de Acia Foz-CCA xa ten gañadores. A entidade deu a coñecer os números premiados desta iniciativa de dinamización comercial, que se desenvolveu entre o 31 de agosto e o 20 de setembro e que contou coa implicación de 86 establecementos locais.

O premio principal correspondeu ao número 23.631, unha papeleta entregada en Pirde Moda, que resultou agraciada cun pack de aventura familiar.

A campaña deixou ademais outros catro números premiados, neste caso con 100 euros en vales de compra para cada un. Trátase do 27.906, entregado en Ofifoz; o 2.772, repartido en Koquetas Moda; o 23.222, de Peluquería Canina Huellas; e o 1.185, entregado no Estanco Leitón.

As persoas que teñan algunha destas papeletas poden poñerse en contacto coa organización a través do teléfono 982 132 751 para xestionar a entrega dos correspondentes premios.

O sorteo celebrouse en Radio Foz e estivo conducido por Anxo Rivas. No acto participaron tamén a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e a xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade.

A Volta ao Cole pecha así unha nova edición coa que Acia Foz-CCA buscou incentivar as compras no comercio de proximidade coincidindo co regreso á actividade habitual tras o verán e co inicio do novo curso.

0.15491199493408