A viveirense Lara Balseiro seguirá no cadro laranxa do Pescados Rubén Burela
TerraChaXa | AMariñaXa
12 Xul 2019
O Pescados Rubén Burela FS vén de selar a renovación doutra das incondicionais das Guerreiras e ademais da casa. A viveirense Lara Balseiro volverá contribuír coa denominación de orixe mariñá no proxecto laranxa en 2019-20.
Aos seus 26 anos, a ala que defende o dorsal 10 cumprirá a súa oitava tempada consecutiva na escuadra burelista e máis dunha década medrando coa Familia Laranxa. Lara será a novena cara do novo periplo en Primeira RFEF, con Peque, Dany, Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Luci, Jozi e xunto á nedense Ale de Paz.