Mondoñedo acollerá durante decembro e ata o 5 de xaneiro un amplo abano de actividades de Nadal

AMariñaXa
A vila de Mondoñedo acollerá durante todo mes de decembro e ata o 5 de xaneiro un amplo abano de actividades para desfrutar do Nadal.
Mondonedo Nadal 2021 festas actividades8
Mondonedo Nadal 2021 festas actividades8
2 Dec 2022

A vila de Mondoñedo acollerá durante todo mes de decembro e ata o 5 de xaneiro un amplo abano de actividades para desfrutar do Nadal.

Así, o sábado 3 poderase asistir á obra de teatro O Vixiante dos soños no auditorio ás 19.00 horas, xa o 16 o musical de Toy Story fará rir a todos os asitentes no auditorio ás 20.00 horas, e ao día seguinte, o sábado 17 será a Papanoelada moteira a cargo do Motoclube Ruta N-634 dende a praza da Catedral ás 16.00 horas.

Os días 16, 17 e 18 de decembro serán as XXII Xornadas Arqueolóxicas Villamil y Castro no Centro Comarcal, o día 22 faranse actos de Álvaro Cunqueiro na CMAC e no auditorio.

Á semana seguinte a Escola de Música O Pallarego ofrecerá un concerto polo seu XXV aniversario ás 20.30 horas no auditorio, e o día seguinte o sábado 24, O Apalpador visitará a praza do Concello ás 17.30 horas para desexar boas festas aos cativos. Xa o propio día de Nadalhaberá unha sesión de cine infantil ás 18.30 horas no auditorio.

O mércores 28 de decembro será a quenda dunha curta de cine ás 20.00 horas no auditorio, Nena do cómico Touriñán, e o venres 30 o grupo Escolma de Meus fará un concerto de Nadal no auditorio ás 20.00 horas.

O último día do ano será a tradicional carreira de San Silvestre desde a praza do Concello ás 16.30 horas e ás 23.59 horas daranse as badaladas de fin de ano na praza da Catedral.

Xa entrados en xaneiro, o día 1 haberá un concerto a cargo de Juan Rezzuto ás 19.00 horas na Catedral e o día 5 os pequenos mindonienses poderán desfrutar da Cabalgata de Reis polas parroquias e rúas do Concello.

Por outra banda o 8 de decembro ás 13.00 horas entregaranse os premios do XI Certame de Poesía Leiras Pulpeiro e o 10 ás 12.30 horas o XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome.

O 22 e 29 de decembro e o 4 de xaneiro ás 17.00 horas haberá merendas e inchables no Centro Peña de Francia.

Tamén haberá tempo para o deporte os días 4 e 5 de xaneiro a partir das 13.30 horas será o mini campus Mondoñedo FC no Viñas da Veiga.

mondonedo programa nadal 2022 correcto
0.18472385406494