A vía que une Trabadela con Sante e A Ría será mellorada

AMariñaXa
O PP de Trabada indica que se chegou a un acordo de compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101
PP-trabada-jose-maria-fernandez-vazquez
5 Dec 2024

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo” realizado dende o Grupo Municipal do PP de Trabada e dende o Grupo Provincial Popular acadouse o compromiso por parte da Deputación para arranxar a estrada provincial LU-P-6101 (Trabadelo – Sante – A Ría), unha vía que conta cunha elevada densidade de circulación e que precisa dunha renovación.

José María Fernández recorda que nesta estrada “hai moitos puntos nos que é case imposible que se crucen dous vehículos” polo que agarda que “ademais da renovación do firme realicen o aumento do seu ancho para garantir a seguridade na circulación”.

José María Fernández explica que para defender o arranxo desta estrada provincial defendeu, no pleno de setembro de 2024, un rogo instando ao goberno provincial a renovar o firme e aumentar o seu ancho. Destacan que a realidade é que esta vía é empregada por moitos veciños de Trabada xa que une Trabadela con Sante e a Ría, ademais de contar cunha gran circulación de maquinaria agrícola e camións que transportan madeira.

0.18047380447388