A VI Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo asegurou o seu poder de convocatoria
O sábado 17 de agosto o deporte volveu a ser protagonista na VI Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, na que rexistraron máis de 360 participantes nas diferentes categorías. A categoría de cativos tivo a súa saída ás 20 horas no parque de San Francisco, mentres os infantís e os cadetes sairon ás 21.30 horas desde o faro.
A carreira absoluta partiu ás 21.45 horas desde Rinlo. Trátase dunha carreira de grande importancia tanto a nivel deportivo como turístico, xa que discorre grande parte polo litoral ribadense. A VI Carreira Nocturna está organizada polo Club Atletismo Ribadeo, coorganiza a Secretaría Xeral para o Deporte e colaboran o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo. O club local gozou dunha gran visibilidade e resultados, alcanzando varios podios e proclamándonse o 2º mellor equipo.