A veciñanza do Vicedo volveu a denunciar a falta de médicos nunha nova manifestación

AMariñaXa
Unha vez máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños da vila manifestaranse para esixir mudanzas nesta problemática que arrastran dende fai tempo
manifestacion-medicos-o-vicedo
30 sep 2024

A veciñanza do municipio do Vicedo non frea as súas protestas pola falta de médicos no centro de saúde do concello mariñán e reclamaron de novo a urxencia na cobertura das prazas con carácter fixo. Unha vez máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños da vila manifestaranse para esixir mudanzas nesta problemática que arrastran dende fai tempo.

Os convocantes programaron unha nova concentración o domingo 29 de setembro ás 11.30 horas diante da Casa do Concello. Esta manifestación sumouse a unha longa dunha serie de protestas programadas nos últimos meses coas que levan denunciando as carencias sanitarias que seguen a sufrir na actualidade. Por exemplo, durante dúas semanas estiveron as axendas pechadas, con días sen facultativo,mentres que noutras xornadas só se atenderon as urxencias, anulándose citas ou mantendo soamente a atención durante unhas catro horas.

0.1777560710907