A veciñanza de O Vicedo maniféstase ante a falta de médicos no centro de saúde

AMariñaXa
Contou co apoio da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña
manifestacion_o_vicedo_sanidad
28 Out 2024

A veciñanza do Concello de O Vicedo volveu manifestarse este domingo ante a falta de médicos no centro de saúde do concello e reclaman a cobertura das prazas con carácter fixo. Contaron esta vez coa Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que afirma "que xa vai camiño dun ano que esta vila está en loita para demandar un dereito básico como é a sanidade pública". Sostén que levan un "ano xa sen profesional médico, salvo algún día á semana".

Levan saíndo xa á rúa todos os meses e desde a Plataforma apoian cada acto, cada concentración e cada loita en defensa "dunha sanidade pública digna" e en contra do "desmantelamento da Atención Primaria".

0.26945114135742